Quino

El amor según Mafalda / Quino - 1ª ed. - Barcelona : Lumen , 2020 - 146 p. : fund. il. b/n ; 19 cm

Que é o amor? Quen coñeza a Mafalda saberá que Quino xamais poñería na súa boca as tramas de princesas ou as obsesións polo amorío que a miúdo asociamos á imaxinación dunha nena.

O amor segundo Mafalda fala moito máis de amizade, compaixón, empatía e solidariedade, de amor ao próximo, amor propio e amor ás pequenas cousas da vida. O amor é Mafalda interesándose pola paz, o progreso, a humanidade e o coñecemento, ou preguntando como pode poñerse unha tirita na alma despois de ver a uns nenos orfos na rúa. É Felipe refuxiándose nas historietas, ou finxindo que co disfrace do Llanero Solitario poderá resolver todos os seus medos e inseguridades. É Manolito cando acariña a hucha na que se esconden as súas moedas, pero tamén os seus soños de futuro. É Susanita desexando -ademais dun marido médico e un futuro con «hijitos!»- ser boa persoa, aínda que saiba que a educaron no individualismo. É Miguelito filosofando sobre a patria, a súa propia idiosincrasia e o sentido da vida. É Guille proclamando que a súa mamá é a muller máis forte do mundo. E é, tamén, Liberdade facendo ver aos adultos que ata a nena máis chiquita do mundo é capaz de plantarlle cara ás inxustizas máis grandes.

Adiviñar que é o amor, a solidariedade, a tenrura e a amizade a través dunha pequena filósofa como o é Mafalda converteuse case nun acto de urxencia.

5º-6º Primaria

9788426409300


Feminismo
Humor
Amor

82-C

Coa tecnoloxía Koha