Pérez, Lois

A tribo do mar / Lois Pérez - 2023 - Vigo : Xerais , 2023 - 217 p. ; 21 cm - Fóra de xogo ; 208 .

XVI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.
Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Como unha tribo do mar.

Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infranqueábel. No entanto, a "influencer" Dakota Amazing ultima o seu novo "reel". O deserto é "supercool"! Pero o deserto é unha boca que ten sede nun mundo que ten fame. E non hai nada comparábel a Simún. Porque, quen ouse desafialo, será envolto polas ondas de area. Cando se vai, quen sobrevive non esquece o seu rostro. Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Coma unha tribo do mar.

3º-4º ESO

9788411104043


Drama
Emigración
Redes sociais


Burela (Lugo)
Cabo Verde

82-N

Powered by Koha